Compañía de Radio Televisión de Galicia
A Compañía de Radio-Televisión de Galicia é un ente público cuxo obxectivo é a xestión e explotación dos medios de comunicación públicos de Galicia e contribuír á normalización lingüística e á cohesión do seu tecido social e xeográfico.
CANLES DE TELEVISIÓN

Televisión de Galicia
Canle xeneralista público cuxa programación abarca todos os aspectos da sociedade galega. Así, informativos, magazines, deportes, cultura, música e programas especiais que conforman espazos que permiten estar ao día da actualidade de Galicia, de España e do mundo.

G2
A canle centra a súa grella nos contidos infantís e xuvenís. O espazo Xabarín Club é un dos alicerces da porgramación. A canle tamén presta especial atención aos espazos culturais e deportivos, centrandose nos puntos de interese do público galego.

GTV America
Emisión da canle xeneralista especialmente deseñada para o continente americano para achegar á realidade de Galicia a todos os galegos que viven naquelas terras.

GTV Europa
Emisión da canle xeneralista especialmente deseñada para o continente europeo para achegar á realidade de Galicia a todos os galegos que viven en Europa asi como ao resto dos cidadáns deste continente.
RADIO

Radio Galega
Trátase dunha radio xeneralista que inclúe preferentemente programas informativos e de servizo público, programas culturais e deportivos, con atención especial ao que interese aos habitantes Galicia.

Radio Galega Música
É a radio musical da Compañía de Radio e Televisión de Galicia.